Por Europa Press / Redacción | | 15/07/2020 | Actualizada ás 14:46
O Bloque Nacionalista Galego (BNG) sobe unha décima en estimación de voto respecto ao mes de xuño ata situarse no 0,7 por cento, segundo o barómetro do Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) publicado este mércores.
A enquisa foi realizada antes das eleccións autonómicas do pasado domingo, nas que o popular Alberto Núñez Feijóo revalidou por cuarta vez a súa maioría absoluta no Parlamento de Galicia, onde o Bloque de Ana Pontón colócase como segunda forza ao realizar o 'sorpasso' aos socilistas galegos de Gonzalo Caballero.
De feito, Núñez Feijóo figura entre as opcións sobre quen preferirían os enquisados que ocupase a Presidencia do Goberno nestes momentos xunto con Pedro Sánchez (PSOE), Pablo Casado (PP), Pablo Iglesias (Podemos), Santiago Abascal (Vox), Alberto Garzón (EU), Íñigo Errejón (Máis País), Inés Arrimadas (Cs) e Miguel Ángel Revilla (PRC).
Así, o agora titular en funcións da Xunta é o preferido para A Moncloa polo 0,7 por cento dos enquisados, que se decantan maioritariamente polo actual presidente do Goberno, Pedro Sánchez (32,2%), sendo a opción 'ningún deles' a segunda máis elixida (25%).
O barómetro de xullo outorga ao BNG unha estimación de voto do 0,7%, unha décima máis que no último estudo, publicado en xuño. Segundo este estudo, o PSOE volve estar na cabeza co 31,1%, seguido polo PP, que avanza 1,2 puntos, quedando a distancia entre ambos en 10,9 puntos.
Do seu lado, Unidas Podemos anótase unha subida respecto ao estudo de xuño, chegando a un apoio do 12,1%, mentres que, pola contra, tanto Vox como Cidadáns perderían respaldo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.