Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 18/07/2020 | Actualizada ás 13:34
A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés informou de que segue o seguimento epidemiolóxico do caso do médico de familia que foi diagnosticado como positivo por coronavirus no centro de saúde de Baltar, en Sanxenxo.
Así, indicou que este venres levou a cabo a realización de novas probas PCR aos profesionais deste centro de saúde que compartían quenda de mañá co médico de familia infectado. Todas as probas realizadas resultaron negativas.
Ademais, a central de seguimento de contactos segue controlando os pacientes atendidos de maneira presencial por este médico de familia. Segundo indica, todos os pacientes están ben e asintomáticos.
As autoridades sanitarias tamén sinalan que os contactos estreitos, a pesar de que deron negativo na proba de PCR, seguen en corentena ata que os servizos de Medicina Preventiva e de Prevención de Riscos Laborais da área indiquen a realización das probas correspondentes e, no seu caso, a finalización do illamento.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.