A Fiscalía abre dilixencias penais para esclarecer o sucedido no brote do Fuenlabrada

As investigacións iniciáronse a instancias do Concello da Coruña. A alcaldesa manifestou o seu "máximo respecto" pola actuación da Xustiza.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/07/2020 | Actualizada ás 11:28

Comparte esta noticia

A Fiscalía Provincial da Coruña abriu dilixencias de investigación penal para esclarecer se o sucedido no caso do brote de coronavirus detectado na expedición do Fuenlabrada desprazada á Coruña para xogar un partido ten "alcance penal". Un brote que ten a doce membros do equipo contaxiados.

Tal e como confirmaron a Europa Press fontes de Fiscalía, as dilixencias ábrense a raíz do escrito presentado este xoves polo Concello da Coruña, no que se pide que se expliquen cuestións como "por que non se informa ás autoridades sanitarias" dos positivos no persoal e "por que se viaxa" ata A Coruña cando xa se coñecía que algún dos xogadores estaba afectado.

A investigación aberta por Fiscalía, apuntou o Ministerio Público, ten como obxectivo "esclarecer os feitos" e "determinar se os mesmos teñen alcance penal". O procedemento, engaden, ten carácter reservado.

Tras a decisión do Concello da Coruña de levar o caso a Fiscalía, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo deixou aberta tamén a posibilidade de acudir á xustiza se o expediente informativo en curso do Goberno galego detecta que se produciu algún tipo de neglixencia. "Se así o recomenda, farémolo", dixo o xefe do Executivo galego, quen considerou que neste caso púxose "en risco a saúde pública".

O presidente de LaLiga, Javier Tebas, chega aos xulgados de Valencia para declarar no xuízo polo suposto amaño do partido de fútbol Levante-Zaragoza de 2011, en Valencia a 12 de setembro de 2019.. Jorge Gil - Europa Press
O presidente de LaLiga, Javier Tebas, chega aos xulgados de Valencia para declarar no xuízo polo suposto amaño do partido de fútbol Levante-Zaragoza de 2011, en Valencia a 12 de setembro de 2019.. Jorge Gil - Europa Press

"MÁXIMO RESPECTO" DA ALCALDESA

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, mostrou o seu "máximo respecto" á apertura de dilixencias por parte da Fiscalía. "Como en todas as actuacións que leva a cabo este Goberno, máximo respecto á actuación da xustiza e ás decisións que se poidan tomar", sinalou.

En declaracións aos medios, a rexedora defendeu que a presentación do escrito por parte do Concello ao fiscal xefe da Audiencia Provincial pretendía dirimir se había "algún tipo de neglixencia dolosa e culposa" no caso. "Entendiamos que era a Fiscalía a que ten que investigar", engadiu.

Unha vez que a Fiscalía decidiu abrir dilixencias, apuntou Rei, "o asunto deixa de estar nas nosas mans e vou ser extremadamente prudente e non haberá máis comentarios".

O PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN PIDE ACTUAR DE FORMA CONTUNDENTE

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, reclamou que o 'caso Fuenlabrada' "sexa contestado contundentemente as autoridades sanitarias e tamén "penalmente". "Nin o fútbol nin ninguén está por encima da lei", subliñou en declaracións aos medios.

González Formoso considera que existe unha "irresponsabilidade manifesta" por parte do Club de Fútbol Fuenlabrada e unha reposta "axustada e lexítima" do Concello da Coruña. "Non só de interéseos da cidade senón da saúde pública en xeral", defendeu.

O MINISTRO DE CULTURA E DEPORTE INSTA A INVESTIGAR

O ministro de Cultura e Deporte, José Manuel Rodríguez Uribes, aseverou este venres que o equipo do Fuenlabrada "non debeu viaxar a Galicia".

 

Rodríguez Uribes considera que o protocolo, a pesar de estar "moi ben deseñado por todas as partes" e funcionar "no 99,9 por cento das veces", nesta ocasión "non funcionou", polo que instou a investigar "por que" non o fixo coa expedición do Fuenlabrada á Coruña, onde gardan corentena con 12 casos positivos, un deles hospitalizado este venres.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta