Galicia, en risco extremo por incendios forestais por quinto día consecutivo

Só o terzo norte da comunidade presenta niveis de perigo máis baixos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/07/2020 | Actualizada ás 11:41

Comparte esta noticia

Galicia continúa este luns con practicamente toda a súa extensión en risco extremo de incendios forestais.  Así figura no mapa do índice de risco diario de incendio (IRDI) que publica a web da Consellería do Medio Rural en base a factores como a seca, o estado de matogueiras e pastos e as condicións de humidade, de temperatura e de vento.

Deste xeito, case toda a Comunidade galega estará este luns no máximo nivel de alerta por quinto día consecutivo. Unha das áreas con menor riscos é a provincia da Coruña, posto que, aínda que a zona máis ao sur e a comarca do Barbanza si están en nivel extremo, o resto atópase en niveis alto ou moi alto. A única área con risco moderado é a Costa da Morte.

Tamén presenta risco moderado a zona da Mariña Lucense. Ben distinta é a situación nas provincias de Ourense e Pontevedra, sometidas na súa práctica totalidade ao risco máximo, fóra de algúns municipios da fronteira entre ambas.

Mapa do índice de risco diario de incendio forestal (IRDI) en Galicia do luns 27 de xullo de 2020.. MEDIO RURAL
Mapa do índice de risco diario de incendio forestal (IRDI) en Galicia do luns 27 de xullo de 2020.. MEDIO RURAL | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta