Editorial Galaxia publica unha edición ilustrada de 'A Esmorga' no seu 50 aniversario

A edición conmemorativa foi ilustrada por Diego Estebo, co seu diseño quere lembrar a Xohán Ledo, quen marcou a liña gráfica das primeiras décadas de Galaxia.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/07/2020 | Actualizada ás 12:48

Comparte esta noticia

A Editorial Galaxia celebra o 50 aniversario da publicación de 'A Esmorga' cunha edición conmemorativa ilustrada por Diego Estebo.

'A Esmorga' publicouse por Galaxia en 1970, despois dunha primeira impresión en Arxentina en 1959 debido ás dificultades que presentaba a censura franquista para a súa saída en Galicia. Esta obra converteuse nunha referencia da literatura galega contemporánea.

Agora publícase nas librarías enriquecida co traballo de Diego Estebo, un dos ilustradores con máis proxección de Galicia.

Con esta edición iníciase a Colección Xohán Ledo, que quere lembrar e honrar o deseñador que marcou a liña gráfica das primeiras décadas de Galaxia.

A produción literaria de Eduardo Blanco Amor (Ourense 1897-Vigo 1979) comezou con 'Romances Galegos' (1928). Tras entrar en contacto con Castelao e membros do Grupo Nós e do Partido Galeguista, escribe 'Poema en catro tempos' (1931), mentres desde Buenos Aires colabora coa revista Nós.

Fundador e director do Teatro Popular Galego (1957), antes de abandonar América publica en 1959 'A Esmorga'. Xa en Galicia chegarán obras como 'Os biosbardos' (1962) e 'Xente ao lonxe' (1972).

Portada de edición conmemorativa de 'A Esmorga' con ilustracións de Diego Estebo. EDITORIAL GALAXIA
Portada de edición conmemorativa de 'A Esmorga' con ilustracións de Diego Estebo. EDITORIAL GALAXIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta