O Goberno central presentará un plan para que Alcoa "recapacite"

A Xunta insiste en que un prezo "competitivo" da enerxía depende dunha "decisión política".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/07/2020 | Actualizada ás 13:19

Comparte esta noticia

O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, avanzou que o Executivo central exporá este luns na mesa multilateral de Alcoa un proxecto industrial e enerxético para que a compañía "recapacite" e "entre a formar parte da solución e non do problema".

Este luns, Losada sinalou que se acode ao encontro --que terá lugar a partir das 19,00 horas-- con "vontade de acordo" e co fin de que a fábrica de aluminio da Mariña "teña futuro". A reunión celébrase despois de que a empresa accedese a ampliar o período de negociación do ERE ata o 4 de agosto.

Así, defende que o Goberno é a "única" institución que presentou "unha alternativa ante a decisión de pechar unha parte desta fábrica". "Dicirlle aos traballadores que o Goberno de España está con eles, buscando solucións e alternativas", asevera Javier Losada.

Así mesmo, o delegado do Goberno espera que a Xunta forme parte da procura desa "solución", xa que "ten competencias a nivel industrial".

Os traballadores de Alcoa toman, xunto ás súas familias, a emblemática praia das Catedrais, en Ribadeo, Lugo (Galicia), a 26 de xullo de 2020. A concentración ten lugar para pedir á multinacional norteamericana Alcoa buscar unha solución para evitar. Carlos Castro - Europa Press
Os traballadores de Alcoa toman, xunto ás súas familias, a emblemática praia das Catedrais, en Ribadeo, Lugo (Galicia), a 26 de xullo de 2020. A concentración ten lugar para pedir á multinacional norteamericana Alcoa buscar unha solución para evitar. Carlos Castro - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta