A Xunta recoñece que os brotes en Galicia provocan "candelacións" das reservas turísticas

O conselleiro de Turismo apela á "responsabilidade".

Por Europa Press / Redacción | | 27/07/2020 | Actualizada ás 14:33

Comparte esta noticia

O conselleiro de Cultura e Turismo en funcións, Román Rodríguez, admitiu que os rebrotes de COVID-19, tamén os que se producen nen Galicia, levan "reducións" e "cancelacións" nas reservas turísticas daqueles lugares nos que se producen.

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, reúnese por videoconferencia con representantes do sector turístico. XUNTA - Arquivo
O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, reúnese por videoconferencia con representantes do sector turístico. XUNTA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Por todo iso, Rodríguez apelou a "todas" as administracións --concellos, deputacións, comunidades e ao Goberno estatal-- para conseguir que tanto Galicia como España sexan "destinos seguros" nun verán que xa é "diferente".

Así mesmo, o conselleiro estendeu este chamamento aos profesionais do sector, aínda que "a inmensa maioría son responsables e fan cumprir os requirimentos hixiénico-sanitarios das autoridades" aos seus clientes, e dirixiuse "á sociedade en xeral": "Se o conxunto da cidadanía cumprimos e respectamos os requisitos sanitarios, a situación será máis levadeira".

"Moita prudencia, moita responsabilidade e moito respecto, porque estamos a xogar cunha actividade que en Galicia dá emprego a 120.000 persoas e porque moitísimas familias e moitísimos concellos dependen os seus ingresos vitais do turismo", aseverou.

TURISMO BRITÁNICO

Por outra banda, pediulle ao Goberno central que "loite por España" no seu conxunto nas negociacións por mor da corentena de 14 días imposta polo Reino Unido a viaxeiros que proveñan de España e "non só por unhas comunidades autónomas que teñen maior dependencia" do mercado turístico británico.


En declaracións aos medios en Santiago tras participar na inauguración dunha exposición itinerante sobre o arquitecto Domingo de Andrade, Román Rodríguez reivindicou que Galicia "é un destino seguro", porque está "nunha situación moi por baixo que calquera outra" comunidade en canto á pandemia da COVID-19, e instou ao Executivo estatal a "preocuparse do conxunto de España".

Para o conselleiro de Cultura e Turismo en funcións, "non é unha boa noticia para España" a corentena que desde a medianoite do sábado ao domingo impón o Goberno británico, e tampouco para Galicia, aínda que esta medida aféctalle "en menor medida". "En España hai unha gran dependencia (do mercado inglés), fundamentalmente nos destinos turísticos máis clásicos. En Galicia hai unha menor dependencia, pero si que obviamente vai ter un impacto", recoñeceu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta