A Covid-19 tamén revolucionou o idioma galego

A Real Academia Galega publica unha listaxe de termos introducidos para dar resposta ó novo léxico da pandemia.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/07/2020 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

PCR, máscara cirúrxica e FP2, de válvula... son moitos os termos que, como consecuencia da pandemia, pasaron de ser descoñecidos a formar parte da vida diaria da poboación. A nova normalidade imposta pola covid obriga tamén ó emprego de palabras para referir realidades que, ata fai uns meses, non existían ou non eran de emprego común.

Libros. Óscar J.Barroso - Europa Press
Libros. Óscar J.Barroso - Europa Press

Como consecuencia desta situación, os diccionarios galegos veñen de ser engordados nas derradeiras semanas con verbas que será difícil esquecer: gromo, agromar e repunta son só algunhas das palabras que a Real Academia Galega pasou a incluír -ou recomendar o seu uso- no vocabulario galego para dar resposta a unha situación que, especialmente nos medios de comunicación, precisaba dunhas directrices claras para ser referida.

Agora a Academia, da man do filólogo Manuel González, vén de publicar unha xustificación da escolla destes termos; en particular no tocante á palabra "gromo", que nos últimos días foi obxecto de atención en twitter ante o emprego crecente desta por parte dos medios de comunicación. "Cando o gromo se descontrola, se mantén no tempo e aumenta o número de casos falamos xa de epidemia, e cando o gromo epidémico afecta a máis dun continente e os casos en cada país non sexan importados, senón provocados por transmisión comunitaria, falamos de pandemia", destacan.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta