As escolas infantís municipais da Coruña serán gratuítas o próximo curso

Hai 829 prazas para menores de cero a tres anos en nove centros.

Por Europa Press / Redacción | A Coruña | 30/07/2020 | Actualizada ás 20:15

Comparte esta noticia

As nove escolas infantís da rede municipal da Coruña serán gratuítas o próximo curso, segundo o regulamento destes centros aprobado este xoves por un pleno extraordinario no Concello.

Pleno do Concello da Coruña.
Pleno do Concello da Coruña. | Fonte: Europa Press

En total, hai 829 prazas para menores de cero a tres anos nestes centros, que son os de Agra do Orzán, Arela, A Caracola, Carmen Cervigón, Carricanta, Os Cativos, Luís Seoane, Monte Alto e Os Rosales.

O portavoz socialista, José Manuel Lage, afirmou que este regulamento é "un primeiro paso na mellora" das escolas infantís, pero o Goberno local prevé pór en marcha máis iniciativas para reforzar a rede municipal. Así, farase un informe económico para estudar a viabilidade de reducir os cocientes de alumnos por aula e instaurarase un protocolo sanitario para o novo curso.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta