O Celta Selmark controla o encontro e gaña en Oviedo

Oliva e Diata comandaron un Celta que gañou por 51-62. As viguesas deixan case finiquitada unha tempada na que fixeron os deberes a falta de catro encontros para o final do curso.

Por Nicolás Acebes | Oviedo | 03/03/2013 | Actualizada ás 17:39

Comparte esta noticia

As rapazas de Carlos Colinas viaxaron onte ata terras asturianas para enfrontarse o Universidade de Oviedo, equipa que sitúase xusto un posto por enriba das galegas. Poderíase pensar que as celestes acusarían a longa viaxe en bus dende Vigo o mesmo día do encontro, pero a vitoria caeu do lado visitante con certa comodidade.

Unha das xogadoras do Celta Selmark
Unha das xogadoras do Celta Selmark | Fonte: celtabaloncesto

De inicio, o Celta, saíu cun quinteto inicial sen sorpresas: Diata, Quirante, Delgado, Oliva e Alonso. O primeiro cuarto foi bastante espectacular no que anotación respecta, o acerto ofensivo de ambas as equipas así o propiciou. Desta voráxine anotadora aproveitáronse as celestes, que chegaban o remate do parcial por diante no marcador, que reflexaba un 22-29. Dende entón as visitantes non abandonarían a dianteira no electrónico. Curiosamente a idea de que o partido podería ser un encontro con moitos puntos freouse ao chegar a un segundo carto pouco vistoso no que o Celta so anotou uns escasos 5 puntos por 7 das locais. Con todo, o Celta vencía ao descanso por 3 puntos: 31-34.

Na reanudación os dous conxuntos estiveron algo máis frescos en ataque, pero nin de lonxe viuse o do primeiro cuarto. O Celta fixo un parcial de 12-13 no terceiro e de 10-15 no derradeiro cuarto para levarse a súa sétima vitoria da tempada nun partido, que aínda que non decidiuse de todo ata o final, foi ben controlado polas celestes, que souberon aproveitar correctamente as súas vantaxes para levarse unha vitoria ampla que as sitúa no posto sete da táboa con 7 vitorias e 10 derrotas, xusto unha vitoria por debaixo das ovetenses. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta