A Xunta limpa varios tramos interurbanos do río Ulla e afluentes en seis concellos da Coruña e Pontevedra

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/08/2020 | Actualizada ás 21:06

Comparte esta noticia

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, está a desenvolver traballos de limpeza e conservación en tramos interurbanos do río Ulla e algúns dos seus afluentes ao seu paso polos concellos da Estrada e Vila de Cruces (Pontevedra) e Teo, Vedra, Boqueixón e Touro (A Coruña).

Os afluentes nos que tamén se está actuando son a Santa Lucía, o Rego da Riveira, os Pazos, o Vieites, o Beuvas, o Añobre, o Frontilleiro e outros dous que non teñen nome.

En total está a traballarse en máis de seis quilómetros en diferentes lugares deste seis municipios, indicou a Xunta, que explicou que estas tarefas forman parte do mantemento de Augas de Galicia nas áreas con risco potencial significativo de inundación.

Os operarios céntranse en retirar árbores e ramas caídas e fan rozas selectivas e limitadas ao ancho da canle en tramos nos que a maleza cobre o río.

Traballos de limpeza no río Ulla. XUNTA
Traballos de limpeza no río Ulla. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta