USO denuncia "persecución sindical" na fábrica de Conservas Calvo en Carballo

Os delegados están a ser sancionados por mor das reinvidicacións, entre as que se atopa a equiparación salarial entre homes e mulleres.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/08/2020 | Actualizada ás 14:30

Comparte esta noticia

Os delegados de Unión Sindical Obrera (USO) na fábrica de Conservas Calvo, están a ser sancionados por mor das súas reivindicacións á empresa, entre as que se atopan a equiparación salarial entre homes e mulleres.

Un dos barcos do Grupo Conservas Calvo na súa sede galega
Un dos barcos do Grupo Conservas Calvo na súa sede galega

Desde as eleccións sindicais en Calvo do pasado ano, nas que o sindicato se presentou por primeira vez e sacou maioría no comité de empresa, a empresa négase a negociar con esta representación legal impoñendo o seu criterio e perseguindo aos membros do comité da USO.

Co comezo das denuncias da USO pola escandalosa discriminación salarial entre mulleres e homes desenvolvendo idéntico traballo, así como a reivindicación de melloras salariais e organizativas, a compañía comezou unha “caza aos representantes da USO” aos que xa impuxo senllas sancións a dúas deles. 

Iniciaronse xa accións legais dende o sindicato pola gravidade destes feitos, así como coa organización de contundentes medidas de acción sindical.  

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

5 Adrián

Ánimo a xente do comité da USO!!!! A empresa está moi mal acostumada.

4 María

Por moito que a "os da empresa" comentedes en contra de quen esta despois de moitos anos mirando realmente por nos, o loita espero que siga. Grazas compañeiros!!! A maioria dos traballadores de Calvo estamos con vos!!!!

3 MeFC

Eles están ahí porque lle votamos e gañaron por maioria. Si hoxe temos eleccions novas, o meu voto cambiaría sin dudalo. Cando lle votei, xa sabía qué algúns deles estaban nas listas para prexubilarse, que me pareciu ben, o que non me parece ben, é a perdida de tantos postos de traballo polo se beneficio propio. O único que fixeron foi traballar moito menos eles, pero sin resultados para o beneficio de todos os traballadores. Todos están mirando polo seu benestar, a excepción de 3. Todos temos dereito a equivocarnos

1 María

Yo también les he votado, yo también me é equivocado

2 MMA

Son la leche estos de USO. Se pasan el día encerrados en el local del comité. Les ha venido bien salir elegidos así algunos de ellos pueden pasarse 6 horas diarias sin hacer nada. No hablemos de otro que concilia con horas sindicales (1 1/2 diaria) y así no tiene que pedir reducción de jornada como tendría que hacer cualquier persona. A ese si le ha salido redondo. Y después hace horas extras claro, las cuales no podría hacer si tuviera reducción de jornada. La verdad es que es lamentable como se están portando y los puestos de trabajo que por su culpa se han ido al traste.

1 Torero

Primer Comité de la historia que hace perder puestos de trabajo

2 Adrián

Hola departamento de RR.HH de conservas Calvo!!!! Vosotros si sois que sois la leche comentando noticias.

1 JMAC

Despois de leer isto quedo coa sensación de que se pode publicar calquera cousa sin contrastar nada. Dende que USO entrou no comité de empresa o único que conseguiu foi que se perderan 150 postos de traballo en varios momentos. Pretenden negociar (ou eso é o que din) pero solo se se aceptan todas as súas condicións, co cal, non estás negociando senón impoñendo. Ademáis dos insultos recurrentes en reunións (polo cal foron sancionados) existe clima de total crispación con todo aquel que non comulgue co seu discurso. Por certo o outro sancionado foi por incumplir a cuarentena imposta por posible coronavirus e entrar nas instalación da empresa(cousa grave entendo eu). Polo tanto con esto e moitas cousas máis que sería imposible escribir aquí, non entendo como se pode dar cobertura a algo sen ter o mínima coñecemento do caso. Eles teñen que loitar polos dereitos dos traballadores sen deixar a outros polo camiño.