A Policía Local de Sada incorpora as polémicas pistolas eléctricas 'taser'

Xustifica que o obxectivo é "mellorar as condicións de seguridade dos axentes e "aumentar a protección para todos os veciños".

Por Europa Press / Redacción | Sada | 06/08/2020 | Actualizada ás 17:07

Comparte esta noticia

A Policía Local de Sada (A Coruña) incorporou dúas pistolas eléctricas 'táser' co obxectivo de "mellorar as condicións de seguridade nas que desenvolven o seu traballo" e "aumentar a protección para todos os veciños". Estas armas son obxecto de polémica, relacionadas con decenas de muertes en los últimos años, sobre todo en Estados Unidos.

O Concello de Sada lembra que nos pasados días todo o persoal da Policía Local participou en Betanzos nun curso sobre o manexo destas pistolas.

Imaxe da Policía Local de Sada.
Imaxe da Policía Local de Sada.

O Consistorio sinala que se trata de ferramentas deseñadas para "disuadir ameazas" e "protexer a vida", "garantindo o mínimo uso da forza e a máxima eficacia".

Ademais, lembra que a formación recibida polos axentes busca que estes coñezan tanto o uso como as características e funcionamento destas pistolas, así como a lexislación na que se ampara a súa utilización.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta