O Concello da Coruña cancela o Festival Noroeste polas novas medidas sanitarias decretadas pola Xunta

O evento ía comezar esta noite.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 07/08/2020 | Actualizada ás 15:18

Comparte esta noticia

O Concello da Coruña cancelou o Festival Noroeste Estrella Galicia, que comezaba na noite deste venres, tras as novas medidas sanitarias anunciadas polo Sergas este mediodía.

Fontes municipais confirmaron a decisión e avanzan que están a estudar se anularán tamén o resto do programa de festas.

O programa do festival para esta noite incluía os concertos de Triángulo de Amor Bizarro na praza de María Pita ou de Laura Lamontagne&Picoamperio no parque de Santa Margarita, entre outros. Os eventos estendíanse ata o domingo pola noite nunha versión XS, reducida, do festival, que chegaba á súa edición número 34 este ano.

Persoas gozando dun concerto
Persoas gozando dun concerto | Fonte: PsicoPico

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta