Cambre cancela as feiras desta fin de semana ante o aumento de casos na área da Coruña

O Concello toma a medida como medio para "evitar posibles contaxios".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/08/2020 | Actualizada ás 11:40

Comparte esta noticia

O Concello de Cambre cancelou as feiras deste venres e domingo debido á evolución epidemiolóxica da área sanitaria da Coruña e Cee, con máis de 400 casos de COVID-19 ata este martes. Así, informou este Concello nun comunicado, á espera dunha nova comunicación por parte da Consellería de Sanidade, o goberno local tomou a decisión de suspender estas citas "por precaución" e con "o obxectivo de evitar posibles contagios por COVID-19 no municipio".

O pasado venres a Xunta de Galicia anunciou novas normas e restricións que afectan, entre outros, ao municipio de Cambre na área sanitaria coruñesa. "A expensas dunha actualización da normativa, a orde publicada o pasado venres pola Xunta de Galicia permite a celebración de mercados ao aire libre -cun 50% de aforamento, limitando os postos habituais e a afluencia de clientes-", lembrou.

Mercado de Carballo (A Coruña), feira. CONCELLO DE CARBALLO
Mercado de Carballo (A Coruña), feira. CONCELLO DE CARBALLO

No entanto, o Concello comunicou que suspenderá as dúas próximas citas, previstas para este venres, 14 de agosto O Temple, e para o domingo, día 16, en Cambre. A maiores, o Concello de Cambre cancelará tamén, e ata novo aviso, os concertos do programa 'Son de bares'.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta