O Sergas chama a doar sangre ante as baixas reservas de plasma

A escaseza afecta de xeito especial ós grupos sanguíneos Cero negativo e A positivo.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/08/2020 | Actualizada ás 16:52

Comparte esta noticia

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) chama á cidadanía a participar na campaña de doazón de sangue 'Verán 2020' e, en especial, ás persoas dos grupos sanguíneos Cero negativo (0-) e A positivo (A+), que segundo a entidade dependente do Sergas presentan niveis baixos. En concreto, aínda que nestes días "é necesario aumentar o número de doazóns de todos os grupos sanguíneos", ADOS incide en facer "especial mención" aos grupos Cero negativo e A positivo.

Así mesmo, a axencia lembra que os hospitais galegos necesitan mensualmente arredor de 10.000 doazóns de sangue, unha cifra que "non diminúe no verán", advirte, senón que o período estival "presenta dificultades engadidas ao desenvolvemento das campañas de doazón" por parte da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue, "especialmente pola deslocalización dos doantes".

Ademais, incide en que as datas anteriores e posteriores ás festividades, coincidentes coas operacións de tráfico de entrada e saída de vacacións, fan preciso aumentar a participación da cidadanía nas campañas de doazón de sangue. Co fin de contar coa "positiva resposta da cidadanía" ao seu chamamento solidario, ADOS desprazará ata dez unidades móbiles no próximos tres días a unha vintena de concellos do catro provincias galegas.

Doazón de sangue
Doazón de sangue | Fonte: arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta