Galicia suma 111 contaxios nun día e aproximase aos 1.000 casos activos

A maior parte deles, 81, están relacionados co foco da Coruña. Baixa a un os casos UCI tras a morte do home de 90 anos que estaba ingresado nesa planta en Ourense.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/08/2020 | Actualizada ás 12:02

Comparte esta noticia

O número de casos activos de COVID en Galicia volveu a incrementar en 111 casos máis que este mércores e a cifra sitúase en 938 --tras subir en todas as áreas sanitarias salvo na de Santiago--, dos que 544 corresponden á da Coruña e Cee --81 máis que a xornada pasada--, onde hai un brote relacionado cun ximnasio en Arteixo con máis de medio centenar de casos.

Así se desprende dos datos actualizados este xoves pola Consellería de Sanidade, que sinala que do total de pacientes positivos, 40 permanecen en unidades de hospitalización convencional --cinco máis que este mércores-- e un na UCI --dúas persoas menos--, mentres que 897 atópanse en seguimento domiciliario --108 máis respecto da xornada pasada--.

Probas de COVID-19 en Burela (Lugo).. Carlos Castro - Europa Press - Arquivo
Probas de COVID-19 en Burela (Lugo).. Carlos Castro - Europa Press - Arquivo | Fonte: Europa Press

Dos 938 casos activos, 544 corresponden á área da Coruña e Cee --81 máis que este mércores--; 93 á de Lugo --nove máis--; 118 á de Vigo --dúas máis--, 51 á de Pontevedra e O Salnés --seis máis--; 60 á de Ourense --seis máis--; 43 á de Santiago --dúas menos-- e 29 á de Ferrol --nove máis--.

Sanidade indica que, ata o momento, curáronse en Galicia 11.506 persoas, 30 máis que a xornada anterior, e faleceron 623 pacientes con COVID. A última vítima mortal notificada foi un home de 90 anos falecido en Ourense relacionado cun brote en Vilar de Barrio.

Dos 938 casos activos na Comunidade galega, cinco están vinculados a centros residenciais, tres corresponden a usuarios e dous a traballadores. O número de PCR realizadas ata a data na Comunidade galega ascende a 272.115 fronte ás 269.448 rexistradas ata este mércores, indicou Sanidade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta