Un xulgado da Coruña ratifica as restricións da Xunta na comarca coruñesa

A xuíza entende que a orde adopta medidas que son "necesarias para os fins constitucionais que perseguen".

Por Europa Press / Redacción | A Coruña | 14/08/2020 | Actualizada ás 14:53

Comparte esta noticia

O xulgado do Contencioso-administrativo número 4 da Coruña ratificou este venres as restricións impostas pola Xunta na comarca coruñesa para reducir os contagios por COVID-19.

Ambiente nunha terraza no primeiro día da prohibición de fumar na vía pública sen distancia de dous metros
Ambiente nunha terraza no primeiro día da prohibición de fumar na vía pública sen distancia de dous metros | Fonte: M. Dylan - Europa Press.

En concreto, ratifica as decisións adoptadas pola Consellería de Sanidade na orde de 12 de agosto sobre medidas de prevención como consecuencia da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 nos concellos da Coruña, Arteixo, Cambre, Culleredo, Oleiros, Abegondo, Bergondo, Carral e Sada, segundo informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

No auto, a xuíza entende que a orde adopta medidas que son "necesarias para os fins constitucionais que perseguen: evitar a propagación dunha enfermidade contaxiosa como a que nos ocupa" e engade que o fai "sen implicar un sacrificio desmedido, sendo limitadas territorial e temporalmente".

A propia Consellería de Sanidade, a través dos servizos xurídicos da Xunta, solicitara a ratificación das medidas acordadas na orde de 12 de agosto.

Nela, mantéñense as limitacións de dereitos fundamentais adoptadas no punto segundo da orde de 7 de agosto e que afectaba os concellos ante os casos detectados por COVID-19.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta