A Xunta segue defendendo o labor das residencias DomusVi nas que morreron máis dun cento de anciáns

Segue sen resolver o expediente contra a residencia DomusVi San Lázaro tras varios meses de trámites.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 17/08/2020 | Actualizada ás 13:46

Comparte esta noticia

A Xunta segue defendendo ao acontecido nas residencias privadas DomusVi, a pesar de que varios centros desta empresa, foron o epicentro das mortes de maiores en Galicia con máis de cen falecidos.

En rolda de prensa este luns, o director xeral de Maiores, Ildefonso de la Campa, cuestionado sobre o estado do expediente á residencia DomusVi de San Lázaro, en Santiago, unha das máis afectadas pola crise sanitaria, dixo non dispor desa información, aínda que "en xeral" o control está "normalizado".

Feijóo coa conselleira delegada de DomusVi, Josefina Fernández, a empresa privada máis afectada por casos de coronavirus en centros de maiores
Feijóo coa conselleira delegada de DomusVi, Josefina Fernández, a empresa privada máis afectada por casos de coronavirus en centros de maiores | Fonte: xornalgalicia.com

Neste sentido, asegurou que non lle consta "ningún incumprimento" das instrucións nest nin noutras residencias, coas que a consellería mantén contacto permanente.

Hai uns días, a asociación Rede pedía a creación dunha comisión de investigación sobre o acontecido nas residencias tras publicar GC que maiores morreran sedados e sen a debida atención médica nestes centros. Unha petición que apoian BNG e PSdeG.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Anges Prada

Que se dejen de cuentos y contraten más personal, con sueldos decentes, entonces también mejorará el trato a los usuarios.