Técnicos de prevención de incendios en folga realizan unha nova protesta na Coruña

Reclaman un novo acordo laboral.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/08/2020 | Actualizada ás 22:10

Comparte esta noticia

Técnicos de prevención de incendios, que están en folga indefinida, protagonizaron este luns unha nova protesta, neste caso ante a delegación da Xunta na Coruña.

Os traballadores do persoal técnico realizaron esta mobilización con consignas como 'Medio Rural, maltrata o persoal!'. Reclaman un novo acordo laboral e unha resposta máis eficaz no servizo. As mobilizacións continuará ao longo da semana.

Os técnicos forestais iniciaron o 1 de agosto --convocada por CC.OO., UGT, CIG e CSIF-- esta folga indefinida, que conta con servizos mínimos do 100%, polo que traduce o seu descontento nunha protesta de 'brazos caídos' na xestión administrativa.

Protesta de traballadores de técnicos forestais na Coruña. CIG
Protesta de traballadores de técnicos forestais na Coruña. CIG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta