O Salón do Cómic da Coruña encara a súa fin de semana clave entre estritas medidas sanitarias

Autores de banda deseñada destacan que o confinamento non cambiou a súa rutina de traballo: "é o noso hábitat natural".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/08/2020 | Actualizada ás 13:53

Comparte esta noticia

Os autores de cómic Xulia Vicente, Agustín Ferrer e Enrique Veigas, no Salón do Cómic da Coruña, explicaron como o confinamento pola crise sanitaria do coronavirus non modificou a súa maneira de traballar. "É o que facemos todos os días. É o noso hábitat natural", describiu Veigas.

Os tres, que ofreceron unha rolda de prensa conxunta no Salón do Cómic da Coruña, admitiron que a parte máis dura do estado de alarma foi ver como afectaba a súa contorna. "A carga emocional vai aparecendo porque foi un golpe moi forte", asumiu Vicente. Pola súa banda, Ferrer apuntou que o confinamento ensinou o que os debuxantes levan anos facendo na organización da súa tarefa diaria: "A xente tíñanos envexa porque traballabamos en casa e non tiñamos horarios, pero ao final levas unha rutina. É un traballo de pico e pá".

Os autores recoñecen que foi un período "produtivo" aínda que descartan utilizar a pandemia para futuras obras. "Creo que como temática vai estar presente nos próximos anos", vaticinou a autora, aínda que todos seguirán as súas traxectorias, máis pegadas ao humor, a fantasía ou as historias reais.

Fachada do  Quiosco Alfonso,. VIÑETAS DO ATLÁNTICO
Fachada do Quiosco Alfonso,. VIÑETAS DO ATLÁNTICO | Fonte: Europa Press

FIRMA DE EXEMPLARES

O tres artistas expoñen parte das súas obras en Viñetas desde o Atlántico, que esta fin de semana enfronta os seus días chave entre estritas medidas de seguridade contra a covid. Estes e outros autotes convidados ao Salón asinarán este sábado exemplares das súas obras, unha actividade que terá lugar na carpa de actividades, entre as 12.00 e as 13.30 horas, e na que se permitirá soamente unha persoa por autor dentro do recinto, segundo informa a organización.

O resto dos afeccionados terá que esperar a súa quenda fora e cumprir coas normas sanitarias: uso obrigatorio de máscara, mantemento da distancia de seguridade e lavado de mans con xel hidroalcóholico antes de entrar á carpa. Ademais, lembran que o aforamento para as charlas está limitado a 18 persoas, aínda que se poden seguir en directo en liña a través da web do festival e as redes( Facebook Live). Os pases para asistir presencialmente repartiranse na entrada do Quiosco por orde de chegada desde media hora antes.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta