O Concello de Ames presenta a II edición do Delas Fest

Este festival é o primeiro festival de arte urbana con perspectiva de xénero de Europa.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/08/2020 | Actualizada ás 15:35

Comparte esta noticia

Malia a complexa situación que atravesa o sector cultural coma consecuencia da crise do coronavirus, o DelasFest, primeiro festival de arte urbana con perspectiva de xénero de Europa, afronta a súa segunda edición estendendo a súa duración a catro semanas e incrementando o numero de concellos involucrados.

Carte do Delas Fest.
Carte do Delas Fest. | Fonte: Concello de Ames

Entre o 20 de agosto e o 24 de setembro, diferentes espazos dos municipios de Teo,

Ames, Santiago e Brión acollerán a nova edición do Delas Fest, un pionero proxecto

organizado por 7H Cooperativa Cultural co obxectivo de democratizar a expresión

artística na rúa e contribuír ao combate das desigualdades materiais e simbólicas

que sofren as mulleres que crean no espazo público.

A concelleira de Benestar e Igualdade do Concello de Ames, Luisa Feijo manifesta que “o Delas Fest naceu para construír un espazo de encontro no que analizar as desigualdades presentes no espazo das artes urbana e fomentar redes que faciliten unha igualdade efectiva”. 

O festival, que neste 2020 estende a súa duración respecto á edición do pasado ano, presenta un programa de actividades composto por unha intervención artística e un obradoiro de creación en cada un dos concellos; encontros de convivencia entre colectivos, asociacións veciñais e artistas; e a xornada de análise e creación colectiva “Muller e Cultura Urbana” que, enmarcada no Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021, ofrecerá sesións de faladoiros e debate, unha jam de improvisación pictórica con spray e un concerto.

CARTEL ÍNTEGRO

Fronte o apenas 19% de nomes femininos que, de media, asinan obras nos festivais españois en activo cun mínimo de cinco edicións, o Delas Fest aposta por un cartel feminista composto integramente por mulleres especialistas en diferentes técnicas e estilos artísticos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta