Galicia xa supera os 2.000 casos, tras sumar outros 153 nun día

A área da Coruña segue sendo a zona máis afectada, con máis da metade dos casos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/08/2020 | Actualizada ás 15:08

Comparte esta noticia

O número de casos activos de COVID-19 en Galicia superou este sábado a cifra de 2.000, tras sumarse 153 e situarse a cifra en 2.148, de acordo cos datos do Servizo Galego de Saúde, que mostran que a área sanitaria da Coruña-Cee segue sendo a máis afectada, con 1.167 contaxiados na actualidade, máis da metade do total.

Todas as áreas sanitarias, salvo a de Vigo, cun caso activo menos que o venres e 143 en total, crecen no número de persoas actualmente infectadas co coronavirus. Na Coruña figuran 53 casos máis que hai 24 horas, mentres que Santiago rexistrou o segundo maior ascenso, ao pasar de 130 a 172 --42 máis--.

En Lugo, que ten 278 casos activos, o incremento é de 24; mentres que en Ourense o total é xa de 198 --19 máis que o venres--; en Ferrol son 97 --oito máis-- e en Pontevedra, a área cunha cifra máis baixa, son 96 --11 máis--.

Ademais, de acordo cos datos da Consellería de Sanidade, hai 11.815 persoas que se curaron ata agora na Comunidade, cifra que supera en 78 á do venres, mentres que os mortos son 631, tras o falecemento de tres anciáns na área da Coruña --dúas mulleres que estaban ingresadas no hospital e un na residencia Orpea de Culleredo--.

O número de PCR realizadas ata a data alcanza as 299.022, cifra que supón un incremento de 4.331 con respecto aos datos do parte de onte.

Unha persoa sométese ás probas polo COVID no concello de Abegondo . CONCELLO DE ABEGONDO
Unha persoa sométese ás probas polo COVID no concello de Abegondo . CONCELLO DE ABEGONDO

UCI

O total de pacientes con covid hospitalizados en Galicia sitúase este sábado en 72, dos que 63 atópanse en planta e nove están nunha unidade de coidados intensivos (UCI), de acordo cos datos achegados pola Consellería de Sanidade.

En concreto, atópanse ingresadas na UCI catro persoas na Coruña, dúas en Ourense, dúas en Pontevedra e unha en Lugo, de acordo cos partes das áreas sanitarias.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta