Novos focos en Muros, Santa Comba e Trives e aumentan os casos en Melide e Vilamarín

Galicia rexistrou novos focos en varios concellos e o aumento doutros xa existentes. En total, hai máis de 50 contaxiados nestes municipios.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 22/08/2020 | Actualizada ás 21:15

Comparte esta noticia

Máis de medio cento de persoas contaxiáronse en diferentes focos activos en toda Galicia, o máis numeroso o de Melide, que xa suma 21 mozos contaxiados. Pero tamén houbo novos brotes en Muros, Santa Comba e Trives.

Tres mulleres na porta da residencia de anciáns do Incio, en Lugo (España), onde se detectou un brote de coronavirus, o 20 de agosto de 2020.. Carlos Castro - Europa Press
Tres mulleres na porta da residencia de anciáns do Incio, en Lugo (España), onde se detectou un brote de coronavirus, o 20 de agosto de 2020.. Carlos Castro - Europa Press

Así, un novo brote atópase activo en Muro con oito afectados, mentres no municipio coruñés de Santa Comba hai outro de sete membros dunha familia, segundo informa este sábado a área sanitaria de Santiago e Barbanza.

No municipio de Muros rexistráronse o 15 de agosto os primeiros positivos en relación cun cámping, que chegou a alcanzar os 10 afectados. Agora aparece outro brote que suma oito positivos.

En declaracións a Europa Press, a alcaldesa de Muros, Inés Monteagudo, explica que estes "este oito están relacionados entre si", "concentrados en núcleos familiares próximos". Respecto ao outro brote vinculado co cámping, remarca que os infectados "xa non están en Muros e marcháronse aos seus domicilios".

TRIVES E VILAMARÍN

Outro foco detectado este sábado no municipio ourensán da Pobra de Trives deixa catro infectados dunha mesma familia, nunha xornada na que o brote existente no tamén concello ourensán de Vilamarín ascende a 13.

Diso informa esta tarde de sábado a área sanitaria de Ourense, que tamén destaca que hai un novo ingreso en UCI no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO), polo que xa son tres neste centro. Con este novo ingreso o total en UCI elévase, polo menos, ata 10 --había nove nos datos remitido pola mañá polo Sergas--.

No tocante ao novo brote en Trives, deron positivo dous homes de 70 e 42 anos, unha muller de 33 anos e un neno. Todos da mesma unidade familiar e residentes neste municipio. Están en illamento domiciliario e controlados telematicamente polo seu centro de saúde.

A aparición deste brote en Trives provocou que a Consellería de Sanidade ordenase o peche ás visitas da residencia de terceira idade en Trives.

MELIDE

Os casos positivos de COVID-19 detectados no municipio coruñés de Melide relacionados cun grupo de amigos sumaron un novo contaxio e sitúanse en 21 este domingo, informou a área sanitaria de Santiago e Barbanza.

Ademais, na localidade consta outro brote que afecta a tres persoas dunha mesma familia e outros 16 casos que se detectaron nun cribado realizado entre a poboación de 18 a 30 anos. En total, son 40 os positivos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Nacho

Como é posible que saibamos datos particulares, se é unha familia, se o traballador tal vive en non sei onde etc pero o Sergas non estea negando a información concreta de cada concello, como fai Cataluña, Euskadi, Murcia, Madrid, Asturias e media España? As alcaldías deberían reclamalo e a oposición tamén!