"Inspeccións compradas, nunca encontrarán nada", denuncian os familiares de usuarios da DomusVi Aldán
"Denunciamos a volta das malas prácticas nas residencias de DomusVi, a sistémica falla de persoal, a vulneración dos dereitos das usuarias e a inacción da administración", critican nunha nova concentración en Moaña.