CCOO denuncia que a Xunta segue sen recompensar o esforzo do persoal sanitario

O sindicato remitiulle ao Sergas hai meses a proposta de recoñocer o traballo do seu persoal, mais a Administración aínda non fixo ningunha proposta na mesa sectorial.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/08/2020 | Actualizada ás 12:10

Comparte esta noticia

A Federación de Sanidade de CCOO de Galicia insta o Sergas a "cumprir a promesa" de recompensar o labor do seu persoal durante a pandemia da COVID-19.

Persoal Sanitario durante uns aplausos © Miguel Nuñez
Persoal Sanitario durante uns aplausos © Miguel Nuñez

Hai meses, CCOO-Sanidade remitiulle ao Sergas a proposta de recoñecer o traballo do seu persoal cun permiso de, polo menos, unha semana de duración, así como outro tipo de medidas. A petición foi reiterada na mesa sectorial do pasado 5 de maio, ao que a Administración respondeu que estaba a preparar un "paquete" de medidas para recoñecerlle ao persoal o seu esforzo e implicación.

Segundo o sindicato, os medios de comunicación fanse eco constantemente de noticias procedentes doutras comunidades autónomas onde xa aprobaron medidas neste sentido, tales como días de permiso retribuídos ou gratificacións extraordinarias. Porén, a Administración sanitaria galega aínda non fixo ningunha proposta na mesa sectorial.

Para CCOO, a Administración "tivo tempo abondo" de estudar a aplicación das mencionadas medidas "e pasar das boas palabras e os aplausos aos feitos".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta