Un proxecto da UDC acaba como finalista na competición Emerging Technologies

A Xunta de Galicia galardoou a media ducia de alumnos como gañadores do certame de declaracións de amor en galego 'Lingua de namorar'.

Por E.P. | A CORUÑA | 24/08/2020 | Actualizada ás 18:21

Comparte esta noticia

Un proxecto presentado polo investigador Juan Manuel Bermúdez García, do grupo Quimolmat do Centro de Investigacións Científicas Avanzadas (CICA) da Universidade da Coruña (UDC) foi seleccionado como finalista na competición Emerging Technologies, convocada pola Royal Society of Chemistry do Reino Unido.

A Royal Society of Chemistry é unha sociedade científica internacional que actúa como colexio profesional dos químicos do Reino Unido e está orientada ao fomento das ciencias químicas.

A convocatoria Emerging Technologies está destinada á prestación de apoio económico e de mentoría a compañías nas súas primeiras fases de existencia e a emprendedores procedentes do ámbito académico que desen comercialziar as súas tecnoloxías para lograr un impacto global.

Biblioteca da Univesidade da Coruña
Biblioteca da Univesidade da Coruña | Fonte: UDC.

LINGUA DE NAMORAR

A Xunta de Galicia galardoou a media ducia de alumnos como gañadores do certame de declaracións de amor en galego 'Lingua de namorar'.

'Retórica' (Nee Barros, Marín), 'Primavera' (Ana Loureiro, Caldas de Reis), 'Ao altar' (María Femenías, Foz), 'Ataraxia' (Leticia Cid, San Cibrao das Viñas), 'Un vinilo dous Dire Straits' (Denís Vicente, A Guarda) e 'Fuxitivas' (Silvia Pérez, A Guarda) alzáronse cos premios desta novena edición.

Os seus traballos impuxéronse a un total de 219 presentados, que foron votados por 566 internautas neste certame co que as consellerías de Política Social e Cultura e Turismo queren dinamizar o uso de galego entre xente nova.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta