A área de Pontevedra inicia este mércores os test covid para persoal docente e temporeiros da vendima

O sometemento ós tests será voluntario.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/08/2020 | Actualizada ás 14:38

Comparte esta noticia

A área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés iniciará este mércores os cribados preventivos mediante test rápidos de anticorpos de dobre banda ao persoal docente dos distintos centros educativos dos 26 concellos desta área sanitaria, así como ao persoal temporeiro da vendima.

Así informou a Xerencia nun comunicado remitido aos medios, no que sinala que a Administración sanitaria pública galega contempla esta actividade preventiva, que é totalmente voluntaria, se efectú ede forma diaria en quendas de tarde inicialmente e de mañá e tarde en setembro, nos puntos de extracción de analíticas no tres hospitais que conforman a área.

Punto COVID habilitado no Ventorillo, na Coruña, para realizar as probas PCR. CONCELLO DA CORUÑA
Punto COVID habilitado no Ventorillo, na Coruña, para realizar as probas PCR. CONCELLO DA CORUÑA

4.000 DOCENTES E 350 TEMPOREIROS

Deste xeito, as previsións que manexa a área Sanitaria de Pontevedra-O Salnés e a Xefatura Territorial da Consellería de Educación estiman que ao redor de 4.000 docentes e 350 temporeIros poderán efectuar de forma voluntaria este cribado. Estas probas durarán ata uns días antes do inicio do curso escolar. Cada centro educativo e adega dispuxo dun coordinador que, en colaboración coa área Sanitaria, coordinará os sistemas de traballo interno para iniciar este mércores o test.

A xerencia lembrou que o proceso de test rápido de anticorpos de dobre banda efectúase mediante unha picada nun dedo, proba que cunha pinga de sangue extraído revela o seu resultado en ao redor de 10 minutos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta