Pechan a Torre de Hércules para desinfectala tras detectarse un positivo nun traballador

Todos os operarios serán sometidos a probas PCR.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 26/08/2020 | Actualizada ás 09:55

Comparte esta noticia

A Torre de Hércules estará pechada este mércores para labores de desinfección tras coñecerse na tarde do martes o positivo en COVID-19 dun traballador dunha empresa que presta servizo no monumento.

O proceso levará a cabo por recomendación das autoridades sanitarias. Como medida preventiva, ademais da limpeza do monumento, os traballadores da Torre serán sometidos a probas PCR, "aínda que o risco de contaxio é baixo ao respectarse todos os protocolos sanitarios dentro do faro romano", sinalan desde Turismo da Coruña.

Todas as persoas que compraron entradas para este mércores poderán reclamar a devolución do importe pago a través da dirección electrónica torredehercules@coruna.es.

Torre de Hércules. TURISMO DA CORUÑA
Torre de Hércules. TURISMO DA CORUÑA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta