Por Galicia Confidencial | Valga | 28/08/2020 | Actualizada ás 09:00
Que pasou con 145.000 euros destinados ao deporte en Valga nos orzamentos de 2019?. O concello gastou en instalacións deportivas 30.000 euros dun orzamento total de 175.000 euros. Parte de diñeiro puido ir a festexos, unha partida que o pasado ano aumentou en 14.000 euros, a pesar de que hai instalacións deportivas que se arruinan e supoñen un perigo para os mozos.
Así o denuncia Manuel Castiñeiras, edil de Valga Viva, quen en declaracións a Galicia Confidencial denuncia que hai queixas de nais e pais, sobre todo do alumnado do instituto de Valga, que se queixan polo estado no que se atopan as instalacións do vello campo de fútbol.
"Dinme que serve de refuxio para adolescentes do instituto e que corren un grave risco por posibles accidentes e que é un foco de infeccións pola falta de hixiene", suliña Castiñeiras que critica ao concello, do PP, por non arranxar unhas instalacións que ata fai ben pouco aínda se utilizaban.
O concelleiro acaba de solicitar, por sede electrónica, que se proceda á limpeza e desinfección destas instalacións xa que, coa pandemia, está servindo de refuxio de moitos mozos que acuden alí a pasar o tempo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.