Piden axuda para o sector ovino, caprino e vacún ante o "brutal" descenso na venda de carne pola Covid

Os requisitos pensados para as axudas para estes sectores non están pensados para Galicia é o 95% das granxas quedáronse fóra, segundo indica SLG.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/08/2020 | Actualizada ás 13:00

Comparte esta noticia

O Sindicato Labrego Galego denuncia que esta semana rematou o prazo de dez días para solicitar as axudas para compensar as perdas provocadas polo confinamento da Covid-19 nos sectores de ovino e caprino. Tal e como aconteceu co viño, os requisitos pensados para outras comunidades autónomas, fixo que o 95% das granxas que podían optar á axuda quedasen fóra.

Gando ovino en extensivo na explotación de Ermitas Rodríguez e Joan Alibés | LX
Gando ovino en extensivo na explotación de Ermitas Rodríguez e Joan Alibés | LX

SLG RECLAMA AXUDAS PARA TODAS AS GRANXAS

O Sindicato reclama unha axuda compensatoria polas perdas provocadas pola crise da Covid-19 á que poidan acceder todas as granxas damnificadas. "Dende o SLG pedimos que as axudas de compensación sexan por cada granxa e que, para calcular o importe que lle correspondería a cada unha, se faga unha estimación a partir da diminución nas vendas neste ano en comparación coas vendas realizadas o ano anterior", argumentan. 

OFICINAS AGRARIAS COMARCAIS

A rede de oficinas agrarias comarcais son as que deberían promover as subvencións e axudar a xestionar a súa tramitación. Porén, o sector ten que recorrer a xestorías e entidades bancarias para pedir axudas tan importantes como as da PAC.

No caso das axudas de ovino e caprino, atopáronse con que se convocaron cun prazo insuficiente de dez días e con boa parte das entidades privadas de vacacións ou co persoal eventual que tramita PACs nos bancos co seu contrato temporal expirado, o cal tamén puido influír no escaso éxito da convocatoria.

POSIBILIDADE DE QUE A CRISE EMPEORE

Da mesma maneira que no sector de vacún, en ovino e caprino tamén se recorreu á conxelación de canles para retirar carne do mercado. Isto pode ser unha arma de dobre gume, xa que se agora esa retirada pode axudar a manter os prezos, nos meses vindeiros, cando se introduza no mercado, pode facer que se afundan de novo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta