O BNG pedirá no Parlamento a adopción de medidas contra o "transfuguismo" logo das mocións de censura en Ourense

O BNG esixiu no Congreso ao Goberno central que se investigue e se depuren responsabilidades pola detención do xogador do Deportivo Álex Bergantiños

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/08/2020 | Actualizada ás 17:46

Comparte esta noticia

O BNG informou de que presentará no Parlamento de Galicia unha proposición non de lei para reclamar que se adopten medidas contra o "transfuguismo" ante as mocións de censura rexistradas en varios municipios de Ourense.

Diso informou a formación nacionalista nun comunicado, no que o deputado por Ourense Iago Tabarés crítica as mocións de censura e outras accións que, segundo denuncia, está "a perpetrar o PP coa pasividade e complicidade do PSdeG-PSOE". "Accións que nalgúns casos serían merecientes de investigación xudicial", sinala.

O deputado nacionalista sostén que casos como o de Castrelo de Miño ou o de Viana do Bolo "dan boa proba da necesidade de adoptar medidas verdadeiramente eficaces ante este tipo de prácticas".

O BNG considera que "non é asumible en termos democráticos que o PP empregue a tránsfugas, sempre, por certo, do PSdeG, para quebrantar a vontade cidadá de cambio" e "co fin de manter as súas políticas caciquiis".

"O BNG di claramente non ao transfuguismo e non ao indecente oportunismo por aproveitar unha lagoa normativa, que non é ética nin democrática, para vulnerar a vontade popular, a vontade de progreso e dunha alternativa de xustiza social para pobos como o de Castrelo de Miño, Viana do Bolo ou San Xoan de Río", apunta.

Ademais, volveu a trasladar o seu apoio ao alcalde de Viana do Bolo, Secundino Fernández, e a todo o seu equipo de goberno ante o que considera "unha nova agresión democrática a perpetrar polo PP e dous tránsfugas do PSOE o próximo día 1 de setembro".

O deputado do BNG por Ourense, Iago Tabarés. BNG
O deputado do BNG por Ourense, Iago Tabarés. BNG | Fonte: Europa Press

DETENCIÓN ÁLEX BERGANTIÑO

O BNG esixiu no Congreso ao Goberno central que se investigue e se depuren responsabilidades pola detención do xogador do Deportivo Álex Bergantiños tras filtrarse un audio seu de Whatsapp no que falaba cos seus compañeiros do partido contra o Fuenlabrada da Segunda División suspendido por positivos en coronavirus.

"Resulta inaudito o exceso de celo e de dilixencia xudicial ante feitos que carecen de relevancia criminal e a súa falta de actuación en casos de verdadeira gravidade", destacou o deputado nacionalista Néstor Rego.

Nun comunicado, os nacionalistas critican un uso "indebido" dos recursos policiais nesta actuación e remarcan que a propia titular do Xulgado número 3 da Coruña cualifica de sorprendente a actuación da liga e de "intempestivo" o arresto, ademais de afirmar no seu auto que "se malgastaron os recursos públicos nun asunto sen relevancia".

Unha denuncia, agrega o BNG, que se produce "cando a LFP soubo que o Deportivo solicitou ao Consello Superior de Deportes o cesamento inmediato de Javier Tebas como presidente".

O BNG insta o goberno a solicitar ante o Consello Superior de Deportes "a inhabilitación" de Tebas como presidente. Os nacionalistas ven "totalmente censurable" a "aparente influencia" de determinadas persoas para lograr unha actuación interesada por parte das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.

Rego cualificou de "desproporcionada" a actuación policial e destacou que, "se se consideraba necesario tomar declaración a Bergantiños polos feitos denunciados, o lóxico sería citalo, pero en ningún caso xustifícase a súa detención na rúa, diante da súa famlia, coma se tratásese dun delincuente perigoso".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 Gaiker

Pois o tal Blecua non é peor cátal Alexandra Fernández, a que pasou da Marea ao Bloque arrimándose ao sol que máis quenta. É igual de tránsfuga, trepa e traidora.

1 Gamela

Discrepo absolutamente ! Alexandra Kollontai foi leal a Galicia e ademáis renunciou a calquera cargo que lle poidera corresponder na súa formación (mentras os demáis seguían coas liortas internas!) // O explica con claridade no seu twitter e non é xusto meter a toda a peña no mesmo saco ! https://twitter.com/aKollontai/stat... (fíxate na data 29 de febreiro de 2020)

1 Gamela

A ver se nos aclaramos... http://www.galiciaconfidencial.com/... é evidente que o PSOE elixe dun xeito moi deficiente aos seus candidatos E polo tanto se as actas son individuais (no do partido) só resta que goberne o "partido máis votado" (?) Ou tampouco así imos tomar nota ?