O Festival Festiletras terá a colaboración do Consello da Cultura cun espectáculo sobre as lavandeiras

A Fundación Eduardo Pondal organiza desde 1982 o Festival Festiletras baixo a premisa de que "a cultura non é só terreo das grandes cidades" e que, nesta ocasión, conta cun espectáculo apoiado polo CCG que "mestura historias de vida e mitoloxía" e "fai unha pequena homenaxe ás mulleres que lavaron no río".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/09/2020 | Actualizada ás 20:53

Comparte esta noticia



O Consello da Cultura Galega tomará parte do Festival Festiletras, que se celebra estes días en Ponteceso, cun espectáculo de narración oral e musical que vira ao redor das 'lavandeiras'.

En concreto, o espectáculo, creado por Vero Rilo e Sonsoles Penadique, poderá verse este xoves, día 3 de setembro, na Aldea do Couto, ás 12,00 horas.

A Fundación Eduardo Pondal organiza desde 1982 o Festival Festiletras baixo a premisa de que "a cultura non é só terreo das grandes cidades" e que, nesta ocasión, conta cun espectáculo apoiado polo CCG que "mestura historias de vida e mitoloxía" e "fai unha pequena homenaxe ás mulleres que lavaron no río". O pase está destinado a un grupo pechado de mozos de entre 14 e 16 anos.

Presentación do 'Foro Patrimonio e Sociedade'. CONSELLO DA CULTURA GALEGA - Arquivo
Presentación do 'Foro Patrimonio e Sociedade'. CONSELLO DA CULTURA GALEGA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Festiletras

A Fundación Eduardo Pondal, moi vinculada ao PP, é unha máquina de amorear subvencións e dirixir vontades. A Cultura ten que ser moito máis que o barullo permanente da parroquial do Couto.