Detectados en Ourense outros dous novos brotes que suman 8 casos por COVID-19

Trátase dun novo brote de orixe social con cinco casos positivos, o outro tamén de orixe social leva tres contaxios.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 04/09/2020 | Actualizada ás 18:42

Comparte esta noticia

As autoridades sanitarias informaron este venres de dous novos brotes de coronavirus que afectan á cidade de Ourense e que suman oito positivos.

En concreto, trátase dun novo brote de orixe social con cinco casos positivos --tres mulleres de 53, 26 e 63 anos e dous homes de 84 e 54-- así como un foco, tamén de orixe social, con tres contaxios --que afecta a tres homes, de 83, 78 e 28 anos--.

En canto aos brotes activos, o de Mariñamansa sobe este venres ata os 28 afectados, coa detección de dous novos casos --dúas mulleres, de 73 e 79 anos--, mentres que o de Riós (que afecta tamén a Castrelo do Val) sitúase en oito casos tras sumar os positivos dunha muller de 37 anos, un home de 80 e un menor.

O brote detectado en Avión, pola súa banda, ascende a 10 casos, cun contaxio máis --dunha muller de 45 anos-- e o de Barbadás xa ten cinco, despois que dese positivo unha moza de 18 anos. Finalmente, o brote da Rúa incorpora dous positivos --unha muller de 34 anos e un home de 45-- e sitúase no nove afectados.

Punto COVID habilitado no Ventorrillo, na Coruña, para realizar as probas PCR. CONCELLO DA CORUÑA
Punto COVID habilitado no Ventorrillo, na Coruña, para realizar as probas PCR. CONCELLO DA CORUÑA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta