Novo brote de COVID-19 en Verín con tres casos

En concreto, segundo destacan desde a área sanitara, os casos activos correspóndense con tres mozos de 27, 22 e 26 anos.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 07/09/2020 | Actualizada ás 19:07

Comparte esta noticia

As autoridades sanitarias informaron este luns dun novo brote de coronavirus detectado no municipio ourensán de Verín e que afecta a tres persoas.

En concreto, segundo destacan desde a área sanitara, os casos activos correspóndense con tres mozos de 27, 22 e 26 anos.

Por outra banda, o brote do barrio ourensán de Mariñamansa ascende a 31 afectados tras a detección dun novo caso, o dunha muller de 75 anos, e o de Riós xa conta con 13 casos activos tras sumar dous contagios: un home de 60 anos e un menor.

Finalmente, o foco detectado no municipio da Rúa sitúase nos 10 afectados tras detectar un novo positivo, o dun home de 43 anos.

Axuntando vantaxes da PCR e do test rápidos, RAP-IDE19 pretende aumentar a fiabilidade dos diagnósticos de COVID-19. /. FERNANDO ZHIMINAICELA/UCC-UCM - Arquivo
Axuntando vantaxes da PCR e do test rápidos, RAP-IDE19 pretende aumentar a fiabilidade dos diagnósticos de COVID-19. /. FERNANDO ZHIMINAICELA/UCC-UCM - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta