Pachi Vázquez será xulgado o próximo 23 de novembro por 60 presuntos contratos irregulares

Os feitos tiveron lugar mentes era alcalde do Carballiño, entre 1995 e 2005.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/09/2020 | Actualizada ás 13:54

Comparte esta noticia

Manuel 'Pachi' Vázquez, o exsecretario xeral do PSdeG, será xulgado o próximo 23 de novembro por un presunto delito de prevaricación continuada por mor dunha serie de contratos a 60 empregados públicos na súa etapa como alcalde do Carballiño, entre 1995 e 2005.

Así o confirmaron a Europa Press fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG). O proceso celebrarase no Xulgado do Penal número 2 de Ourense, a vista oral comezará o próximo 23 de novembro e está previsto que finalice o 11 de decembro.

Fiscalía solicita 10 anos de inhabilitación para o tamén fundador de Espazo Común, partido co que ocupa na actualidade un escano no Concello do Carballiño. O Ministerio Público expón no seu escrito --do 13 de decembro-- un delito continuado de prevaricación por formalizar "un gran número de contratacións de persoal laboral de duración determinada para o desempeño de labores de competencia municipal, respecto de 60 traballadores".

Así mesmo, indica que estes procesos se rubricaban con "conciencia de que faltaban os requisitos básicos de toda contratación pública", tales como a "publicidade, para que calquera persoa puidese acceder á mesma de acordo aos principios de mérito e de capacidade", un feito do que os acusados "foron informados".

Ademais de 'Pachi' Vázquez, sentarán no banco dos acusados outras catro persoas. Para dous deles, o Ministerio Fiscal reclama igualmente 10 anos de inhabilitación, concretamente para Carlos Alberto Vázquez, alcalde sucesor (2005-2011), e Alfonso Prado Rodríguez, edil de Persoal (1995-1997).

José Antonio Barge Gil, concelleiro tamén de Persoal (2007-2011), enfróntase a unha petición de 9 anos; e María Elisa Domínguez Vidal, que ostentaba a carteira de Asuntos Sociais, foi tenente de alcalde e rexedora en funcións (1995-2007), oito anos e nove meses de inhabilitación.

José Ramón Dacosta, Óscar Pérez Carral e Manuel 'Pachi' de Vázquez, de Espazo Común, na rolda de prensa. ESPAZO COMÚN - Arquivo
José Ramón Dacosta, Óscar Pérez Carral e Manuel 'Pachi' de Vázquez, de Espazo Común, na rolda de prensa. ESPAZO COMÚN - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta