A ultradereita leva ao Congreso a súa proposta para ilegalizar o nacionalismo galego, vasco e catalán

Vox tentará que ERC, Junts, o BNG, a CUP e EH Bildu sexan apartados do xogo democrático.

Por Europa Press / Redacción | Madrid | 13/09/2020 | Actualizada ás 13:44

Comparte esta noticia

Vox levará este martes ao Pleno do Congreso unha reforma da vixente Lei de Partidos Políticos para ilegalizar a todas as formacións separatistas e ás que promoveron o proceso independentista catalán de 2017. Iso inclúe a ERC, Junts, o BNG, a CUP e EH Bildu, entre outros, aínda que os de Santiago Abascal tampouco descartan ao PNV.

O utradereitista Santiago Abascal
O utradereitista Santiago Abascal | Fonte: E. Parra. POOL - Europa Press.

Foi o propio presidente do partido ultradereitista quen rexistrou o pasado xaneiro esta proposición de lei coa que, segundo apuntou entón, pretenden ilegalizar "a todos os partidos que busquen destruír a unidade e a soberanía de España", e se o PNV ou o BNG tamén pretenden ese obxectivo, veranse afectados igualmente pola súa reforma.

Vox sostén que na actualidade existen partidos que expresan nos seus estatutos --e mesmo desde a súa posición nas administracións e institucións-- a súa vontade de "romper España" e a orde constitucional, partidos que incitaron "á violencia, á desobediencia dos tribunais, ao incumprimento das leis, ao abuso de poder" e partidos que xustificaron "" o terrorismo.

E, fronte a isto, o que expón é unha reforma lexislativa que poña límites para que as formacións políticas sexan ferramentas de participación política e unha expresión de pluralismo, pero non "un perigo para a unidade e a convivencia entre españois".

Os de Santiago Abascal tamén inclúen na súa iniciativa que aquelas formacións políticas que incumpriron "esas bases mínimas" teñan que devolver os fondos públicos recibidos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

3 Amen

comezamos polos nacionalistas e seguimos por comunistas, sociatas, homosexuais, prostitutas, maleantes, inmigrantes, xudios e demais forraxe.. a ver se dunha vez por todas facemos unha nacion libre e pura

2 nostrus

Un dos motivos polo que estou en contra de ilegalizar ao bloque é pola mágoa que me dan naciotas ilustres como Inespal, Sentidiño, Casilda, Alienao, Ailalelo, Amancio, Moine e outros da mesma calaña e así amosarelle que somos mellores ca eles e na democracia española non se desprecia a ninguén, inda que non o merecen polo seu egoismo de pensar só neles e na súa fantasía. Hasta os ultracatólicos son mellores ca eles.

1 Sentidiño

Ninguén che pedira a opinión, pero sínteste obrigado a xustificarte. Grazas por deixarme seguir vivindo, mein führer. Ogallá algún día tamén eu poida probar iso que ti te metes.

1 nostrus

Yo no soy partidario de ilegalizar el RNG, pero si lo soy de que el pueblo gallego lo ponga fuera de la circulacion. Es cierto que la ilusion del BNF es convertir a Galicia en una nacion irreespirable para la convivencia como lo es Cataluña, pero en democracia caben hasta ellos. La mision del nacionalismo ya está sobradamente representada en la sociedad a traves de la ruindad.