Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 04/08/2025 | Actualizada ás 13:40
O titular do Goberno galego, Alfonso Rueda, avanzou que a Xunta reclamará ao Executivo central o traspaso dos medios materiais, humanos e económicos para asumir as competencias para autorización e xestión dos aeródromos da Comunidade que non teñen actividade comercial.
Tal e como detallou Alfonso Rueda na comparecencia ante os medios tras a reunión semanal do seu equipo de Goberno, exceptuando o tres grandes aeroportos de Vigo, A Coruña e Santiago, actualmente hai ao redor de 40 aeródromos en Galicia.
O responsable autonómico sinalou que xa houbo comunidades que asumiron esta competencia "hai tempo" e agora Galicia reclámaa "nun momento especialmente adecuado", nun contexto de "impulso ao sector aeronáutico" a través da estratexia de defensa a nivel europeo, así como a estratexia galega, que "prevé unha mobilización de ata 900 millóns de euros".
Así, Rueda avanzou que xa mantiveron conversacións co Estado e espera que o traspaso leve a cabo con "a correspondente transferencia de medios económicos e humanos, se procede", para poder xestionala.
(HABERÁ AMPLIACIÓN)
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.