Xa son 28 as persoas na UCI por coronavirus

A maioría está na Coruña e Vigo. A área sanitaria de Ferrol é a única que non ten pacientes de coronavirus en coidados críticos.

Por Europa Press / Redacción | A Coruña | 14/09/2020 | Actualizada ás 13:53

Comparte esta noticia

Os casos de pacientes con coronavirus ingresados en Unidades de Coidados Intensivos (UCI) de Galicia subiron a 28 nas últimas horas, e a maioría deles correspóndense coas áreas sanitarias da Coruña e Vigo, segundo os datos actualizados que trasladaron fontes do Sergas.

Así, na área sanitaria da Coruña e Cee, hai 10 pacientes en coidados críticos, 9 deles no Complexo Hospitalario Universitario e outro no Hospital Modelo. Así mesmo, hai 63 persoas con COVID en unidades de hospitalización convencional (51 no CHUAC, 6 no Hospital de Cee, 4 no Hospital Quirón e dous no Hospital Modelo.

A eles súmanse 1.225 casos en seguimento domiciliario, mentres que, desde o inicio da pandemia, curáronse do coronavirus nesta área 4.459 persoas.

Na área sanitaria de Vigo seguen 6 persoas con COVID na UCI (4 no Álvaro Cunqueiro e 2 en Povisa), e hai 14 ingresadas 'en planta', das que 11 están no Álvaro Cunqueiro, e 3 no Hospital Vithas. O número de pacientes que se recuperan nas súas casas é de 341 e, ata o momento, déronse 2.530 altas epidemiolóxicas.

Na área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras hai 40 contaxiados hospitalizados, 5 deles na UCI e 35 'en planta' (32 no Hospital Universitario de Ourense e 3 no Hospital Comarcal de Verín). Os pacientes en domicilio son 444 e o número de altas ascende a 2.210.

Na área sanitaria de Lugo, Monforte e A Mariña, hai 3 persoas con COVID na UCI do Hospital Lucus Augusti, e outras 38 persoas 'en planta' dese mesmo hospital. Tamén hai ingresados en unidades convencionais en Polusa (16 pacientes), no Hospital de Monforte (4 pacientes) e no Hospital da Mariña (3 pacientes).

Nesta área permanecen 731 persoas contaxiadas con seguimento domiciliario, e curáronse, desde o inicio da pandemia, 1.931 pacientes.

SANTIAGO, PONTEVEDRA E FERROL

Na área sanitaria de Santiago e A Barbanza hai 2 pacientes con coronavirus na unidade de coidados críticos do Hospital Clínico, e outras 32 persoas en unidades de hospitalización convencional dese centro sanitario. O número de casos en seguimento domiciliario é de 606 e as altas epidemiolóxicas chegaron a 2.463.

Na área de Pontevedra e O Salnés tamén hai dous casos de COVID en coidados críticos, ambos no Hospital Montecelo, mentres que outros 14 pacientes atópanse ingresados 'en planta' (13 no Complexo Hospitalario Universitario e outro no Hospital do Salnés). A eles súmanse 487 persoas que se recuperan nos seus domicilios, e o número de altas ascende a 1.097.

Finalmente, a de Ferrol é a única área sanitaria de Galicia que non ten pacientes con COVID na UCI, e conta con 5 casos en hospitalización convencional, e outros 181 con seguimento domiciliario. Ata o momento déronse 750 altas epidemiolóxicas.

Urxencias, coronavirus. JCCM
Urxencias, coronavirus. JCCM

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta