Morre un home ao quedar atrapado polo tractor que manexaba en Castro Caldelas

É a cuarta morte neste mes de setembro por envorco de tractor en Galicia.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/09/2020 | Actualizada ás 19:40

Comparte esta noticia

Un home perdeu a vida na tarde deste luns en Castro Caldelas (Ourense), despois de que o tractor que manexaba caese por un desnivel e envorcase. Para liberalo, foi necesaria a intervención dos servizos de emerxencia, posto que o home acabou atrapado entre o vehículo e unha parede.

Os feitos sucederon no lugar de Casanova, ao fío das 15,00 horas. Nese momento, unha persoa particular contactou co 112 Galicia para informar o accidente.

Os xestores do 112 Galicia solicitaron a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou ata unha zona próxima ao sinistro un helicóptero medicalizado. Ademais, o persoal de emerxencias requiriu a actuación no operativo dos Bombeiros de Monforte de Lemos, do GES de Castro Caldelas, dos axentes da Garda Civil e dos voluntarios de Protección Civil da localidade.

Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, unha vez que os servizos de emerxencia liberaron ao home, os efectivos médicos nada puideron facer por salvarlle a vida.

Tractores, máquinas, agricultura, maquinaria agraria, huerta, labrar, campo
Tractores, máquinas, agricultura, maquinaria agraria, huerta, labrar, campo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta