Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 15/09/2020 | Actualizada ás 11:07
Catro persoas necesitaron ser rescatadas con chalecos salvavidas ao quedar illadas polo aumento do caudal do río Avia, no municipio ourensán de Leiro.
Segundo informa o 112, o operativo activouse na tarde do luns ao redor das 18,30 horas, despois de que a central de emerxencias recibise a chamada dun dos afectados. En concreto, relata o 112, esta persoa indicaba que os catro estaban en perfecto estado de saúde, pero que eran incapaces de alcanzar a marxe do río debido ao aumento do caudal.
No rescate participaron os bombeiros do Carballiño, ademais do GES de Ribadavia e os responsables da empresa xestora do encoro de Albarellos, co fin de que puidese regular o caudal do río e facilitar a saída das persoas illadas.
Entre esta medida e o uso de chalecos salvavidas, os servizos de emerxencia lograron sacar a todos os atrapados, que estaban en perfecto estado de saúde.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.