A Guardia Civil confirma que o cadáver achado en Barbadás é a moza Nerea Añel, desaparecida en xaneiro

O corpo da muller, de 26 anos de idade, foi localizado na fin de semana pasada por unha parella que paseaba pola zona.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/09/2020 | Actualizada ás 15:54

Comparte esta noticia

As análises realizadas aos restos óseos achados o pasado fin de semana en Barbadás (Ourense) confirmaron que o cadáver pertence á moza Nerea Añel, que permanecía desparecida desde xaneiro pasado, segundo confirmaron fontes da Garda Civil.

O corpo, en avanzado estado de descomposición, foi localizado o pasado domingo por unha parella que paseaba cun can pola aldea abandonada de Vos Muíños, en Barbadás. O estudo dos restos levado a cabo no Laboratorio de Criminalística da Dirección Xeral da Garda Civil en Madrid confirmou que se trata desa nova, de 26 anos de idade.

Os investigadores xa comunicaron á familia a identificación do corpo, aínda que se seguen realizando análises para determinar a causa do falecemento. O cadáver de Nerea foi atopado a uns 400 metros dun motel onde, precisamente, en febreiro pasado se realizaron rastrexos con cans da Policía Nacional, xa que a moza fora vista pola zona.

Nerea Añel
Nerea Añel

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta