Galicia supera xa a cifra dos 700 falecidos por Covid con seis mortos máis nas últimas horas

Desde o comezo da 'nova normalidade', o número de pacientes falecidos coa enfermidade é de 84.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 17/09/2020 | Actualizada ás 12:37

Comparte esta noticia

Galicia superou nesta xornada os 700 falecidos con covid-19. Outras dúas mortes notificadas na tarde deste xoves en hospitais lucenses sitúan o cómputo total de vítimas mortais desde o inicio de pandemia en 703.

Un profesional sanitario baixa da ambulancia na que viaxa un paciente con Covid-19 que foi trasladado desde o Hospital do Incio ao Hospital de Lugo.. Carlos Castro - Europa Press
Un profesional sanitario baixa da ambulancia na que viaxa un paciente con Covid-19 que foi trasladado desde o Hospital do Incio ao Hospital de Lugo.. Carlos Castro - Europa Press | Fonte: Europa Press

Segundo informa Sanidade, nas últimas horas faleceron dúas persoas que foran diagnosticadas con coronavirus: un home de 92 anos que estaba ingresado no Hospital Polusa e unha muller de 89 anos que estaba hospitalizada no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA). Ambos os dous pacientes tiñan patoloxías previas.

Previamente, tamén esta xornada, as autoridades sanitarias informaron o falecemento doutras catro persoas, dúas vinculadas ao gromo da residencia de Outeiro de Rei (Lugo) --unha perdeu a vida no propio centro e outra estaba hospitalizada--.

Desde o comezo da 'nova normalidade', o número de pacientes falecidos coa enfermidade en Galicia é de 84, tras a morte dunha muller o 7 de agosto.

Antes diso, Galicia encadeara case dous meses --desde o 10 de xuño-- sen decesos relacionados co coronavirus.

O maior balance de falecidos dos últimos meses notificouse o pasado mércores, cando Sanidade informou dun total de sete. A última vez que se superou esta cifra foi o pasado 5 de maio, con nove decesos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta