Detectado un novo gromo de Covid-19 con seis afectados en Ourense e outro con cinco en Ribadavia

Son de orixe familiar. Outro detectado en Verín sobre en dous casos, até dez contaxios.

Por Europa Press / Redacción | Ourense | 17/09/2020 | Actualizada ás 19:02

Comparte esta noticia

As autoridades sanitarias informaron este xoves da detección dun novo gromo de coronavirus con seis persoas afectadas no Concello de Ourense, así como doutro foco con cinco contaxios en Ribadavia.

Test COVID-19 en Galicia
Test COVID-19 en Galicia | Fonte: Xunta de Galicia.

En concreto, o novo gromo de Ourense, de orixe familiar, afecta a dous homes de 34 e 38 anos, tres mulleres de 33, 40 e 64 anos, e un menor.

Pola súa banda, o novo foco detectado en Ribadavia, tamén de orixe familiar, deixa o positivo de dúas mulleres de 51 e 84 anos e de tres homes, de 56, 18 e 14 anos.

Por outra banda, o gromo detectado entre mozos de Verín, que contaba con oito casos, sobe en dous, ata dez, tras os positivos dunha muller de 44 anos e dun mozo de 16.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta