Mobilización en Lugo polo peche das seccións de ESO e BACH do IES "As Mercedes"

Agustín Fernández Paz denuncia o "desleixo" co que a Xunta trata o ensino público.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 07/04/2013 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

O combate de nais e pais, profesorado e alumnado comeza a ter repercusión. A comunidade educativa do IES "As Mercedes" leva semanas de mobilizacións tras o anuncio de peche das seccións de ESO e BACH e as súas protestas xa sumaron apoios de persoas do mundo da cultura, da universidade ou do concello, cuxo pleno tamén se adheriu as súas reivindicacións.

Protesta no IES 'As Mercedes'
Protesta no IES 'As Mercedes' | Fonte: endlasmercedes.blogspot.com

Precisamente, entre estes apoios están os escritores Valentín Fernández Paz e Xabier P. Docampo ou o vicerrector da Universidade de Vigo Xosé-Henrique Costas. Precisamente, Fernández Paz considera esta decisión "unha mostra máis do desleixo" co que a Xunta está a tratar o ensino público. "Un desleixo que, tanto no caso do IES “As Mercedes” coma noutras actuacións, leva a un deterioro na vida dos centros e supón un golpe ao prestixio social dos centros públicos", apunta na web deste colectivo.

"O camiño correcto é sumar"

O escritor critica que a Xunta esté apostando polo ensino concertado. "Non se entende que mellora lle poden ver á eliminación da ESO e do Bacharelato, coma se fosen incompatibles coa Formación Profesional, coma se o estaren fisicamente separados tivese algo de bo. O camiño correcto é sumar, mellorar en instalacións e en medios, e non andar movendo de aquí para acolá co pretexto de facer que se fai", indica.

Tamén é da mesma opinión Xabier P. Docampo. "É inadmisíbel que o goberno, so a desculpa dos dereitos dos pais e nais sobre da educación dos seus fillos, permita e apoie que se manteñan criterios discriminatorios por razón de sexo, e neste caso onde os criterios se basean en presupostos educativos universalmente contrastados, sexa desprezada a vontade da comunidade educativa", sinala.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta