Pontón reclama un "plan económico" para a comarca da Coruña e denuncia o "abandono" da Xunta os últimos anos

Tamén apuntou que o Goberno galego debe "intervir" no mercado da vivenda para que non sexa "misión imposible" emanciparse na cidade polos prezos dos alugueres.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 18/09/2020 | Actualizada ás 15:46

Comparte esta noticia

A líder do BNG, Ana Pontón, esixiu á Xunta un "plan económico" para a comarca da Coruña e denunciou o "abandono" que, di, sufriu no últimos dez anos. "Temos que corrixir déficits en materia sanitaria e en servizos públicos e afrontar a recuperación económica, na que o papel da Coruña é central", explicou.

En declaracións aos medios nun almorzo informativo na Coruña, Pontón considerou que a comarca necesita "novas ideas e impulso" para saír da crise económica e para seguir sendo "un dos pulmóns industriais de Galicia". A dixitalización e a innovación son, segundo a nacionalista, "elementos clave" para a futuro da área.

Sobre infraestruturas, a líder do BNG propón captar novos tráficos de mercadorías para o Porto, que se elimine a peaxe da AG-55 e que a Xunta cre unha compañía ferroviaria para acabar coas frecuencias "do século XIX" entre A Coruña e, puxo como exemplo, Ferrol ou Lugo. Tamén apuntou que o Goberno galego debe "intervir" no mercado da vivenda para que non sexa "misión imposible" emanciparse na cidade polos prezos dos alugueres.

A deputada galega pola Coruña, Mercedes Queixas, afirmou que o coronavirus puxo de manifesto "as deficiencias do sistema sanitario polos recortes e a falta de persoal" na comarca e tamén criticou a falta de apoio da Xunta á OSG. "Non podemos pór en risco un proxecto con tanta envergadura", lamentou.

Ana Pontón en rolda de prensa o día seguinte das eleccións en Galicia
Ana Pontón en rolda de prensa o día seguinte das eleccións en Galicia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta