Galicia, ¿nación?

Finalmente, o secretario xeral do PSdeG, Emilio Pérez Touriño, desepexou hoxe as dúbidas do seu partido en torno a definición de Galicia no vindeiro Estatuto. "Confío en que o novo Estatuto concile a definición de nacionalidade histórica que a Constitución establece para Galicia co recoñecemento expreso da súa identidade nacional"...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 08/06/2006 | Actualizada ás 23:39

Comparte esta noticia

Neste senso explicou que ésta foi a fórmula que se utilizou no Estatut, xa que, aínda que denominou a Cataluña como nación no Preámbulo, no articulado "asumiuse a definición que actualmente ten na Constitución", é dicir, nacionalidade histórica. "O Estatuto andaluz recolle outro camiño, pero vai na mesma dirección", sinalou.

A aclaración do presidente galego chega nun momento no que varios dirixentes do seu partido, como o conselleiro da Presidencia, José Luis Méndez Romeu, o pasado luns; ou o alcalde de Lugo, José Clemente López Orozco, hoxe na Comisión para a Reforma do Estatuto, se decantaron polo termo nacionalidade histórica.

Sen embargo, o propio Touriño recoñeceu hai uns meses en Madrid e, ante varios ministros e o secretario de Organización do PSOE, José Blanco, que o Estado español estaba formado pola "acomodación" de varias "nacións" e que era "imprescindible" abandonar a "insostible ecuación: Nación igual a Estado".

Asemade, tanto o PSOE como o BNG explicitaron no pacto de goberno a súa intención de que o Estatuto recoñeca o "carácter nacional" de Galicia.

Entre os socialistas non hai unanimidade á hora de denominar a Galicia no futuro Estatuto, unha dúbida que, moi probablemente, despexará Touriño no pleno extraordinario que abordará, precisamente, a reforma estatutaria.

En todo caso, hai fórmúlas que poderían contentar a PP, PSOE e BNG das que xa falan tanto dende a dereita como dende a esquerda. É o caso do ex euro deputado Camilo Nogueira, ou do ex rector da Coruña, José Luis Meilán Gil, quenes apostan por recoller a terminoloxía 'nazón de Breogán' que aparece no himno galego e que foi aprobado e aceptado por unanimidade por todos os partidos no primeiro pleno da Cámara galega.

A mesma terminoloxía foi recomendada pola presidenta da Fundación Rosalía de Castro, Helena Villar Janeiro, na Comisión para a Reforma do Estatuto.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

4 JJ Benito

Ya están aquí. Son los mismos. En el acto de presentacion de al campaña de publicidad de Turgalicia y en la imagen del Xacobeo: los mismos trincones que en los otros Xacobeos, intermediarios, promotores de conciertos,....el modus operandi?, subcontratar a uno de lso hermanos Torenzo (Gerardo), amigo de P. Varela, para que ete creee una empresa de conciertos y se lleve un 40 de beneficio y su hermano le de cobertura a tarvés de Antena 3........y así en todo. Productoras, Portico y otras.
Observense los movimientos de todos estos comisionistas en TVG, organizacion de actos, consellerías.
Está bien copiar el modelo de utilizaciond e la presna, pero por lo menos no volver a pagar ni un euro de los gallegos a ninguna empresa vinculada a la anteior etapa. Se lo han llevado crudo y nadie les ha auditado los sobrecostes

Va a dejarse robar el BNG en estas sociedades, Se va a dejar llevar a al huerto por estos peperos sin escrupulos, pijos de Pontevedra?.

3 homiño

Eu coido que Galiza, obxectivamente, cumpre todos os requisitos necesarios para se definir como nación. Para min Galiza é nación e por iso ten dereito á auto-determinación.
Mais, a nivel subxectivo e individual, a maioría de galegos e galegas pensa o mesmo? Por desgraza isto non é así, e as cousas non mudarán moito namentres esta sexa a situación. É dicir, malia que o novo Estatuto diga que somos unha nación, se a xente continúa a actuar e a pensar como se Galiza for soamente unha rexión española (e ademais de terceira categoría), daquela seremos unicamente iso: unha rexión española de terceira... Triste pero real. Urxentemente cómpre unha descolonización mental. Valerá para iso o novo Estatuto?

2 estevo das estrivadas

Xa empeza o PsoE e a sua sucursal Psdeg a baixarse os pantalós. O problema do PsoE é a sua ambigüedade. Galiza é unha nación e non porque o diga eu, senon porque cumple ao 100% esta definición.

Se o PsoE non recoñece isto, o BNG non pode apoiar o novo estatuto. Non entendo esa teima xacobina de non chamarlle as cousas polo seu nome: Galiza Nación e España Estado, tan difícil é dicer isto???

1 pendencias

Cal é o nome da dirección colexiada do PSdG?: Consello Nacional.
Nogueira, no artigo que referides, non postula a fórmula "nación de Breogán" para o estatuto. O que el di é que no hino galego, institucionalizado na Lei de Símbolos no 84, xa figura o termo "nación" como definitório de Galiza, e que isto non provocou maiores polémicas. Máis nada.