Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/07/2025 | Actualizada ás 16:05
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, defende que "en ningún caso" a intención lei de prevención de adiccións en mozas "é punitiva". O Consello Económico e Social (CES) censura nun informe as "excesivas" sancións da Xunta aos menores polo botellón, segundo informa Faro de Vigo.
A preguntas sobre este extremo, Rueda dixo que se prevé que este texto se aprobe "en poucas semanas" e incorporarase "o que se poida" en relación coas recomendacións do CES. Asegura que se busca a "prevención" e non se persegue unha intención "punitiva", xa que "non é unha lei recadatoria" e iso "é o de menos". O titular do Goberno galego incide en que se recollen accións que "estaban na lei de ámbito nacional" e opina que as sancións "teñen un efecto disuasorio".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.