A aula do colexio San Francisco de Vilagarcía que estaba confinada reabrirase a partir do luns

Todos os compañeiros do neno contaxiado deron negativo nas probas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/09/2020 | Actualizada ás 12:06

Comparte esta noticia

A aula do colexio San Francisco de Vilagarcía de Arousa que fora confinada preventivamente tras o positivo en covid-19 dun alumno volverá funcionar "con normalidade" a partir do luns 21.

Farao, segundo informaron a Europa Press fontes do centro, seguindo as indicacións das autoridades sanitarias, xa que todos os compañeiros do alumno diagnosticado como positivo en covid-19 obtiveron resultados negativos nas súas probas.

O alumno que fora diagnosticado cun positivo a mediados desta semana procedía da etapa de infantil e os seus compañeiros de clase foran postos en corentena preventiva. As autoridades sanitarias determinaron facer PCR a todos os compañeiros de clase para decidir, en función dos resultados, se se completaba a corentena dunha quincena ou non.

Finalmente, ante os resultados negativos a aula volverá funcionar con normalidade a partir do luns 21.

Nenos nun centro escolar
Nenos nun centro escolar | Fonte: XUNTA DE GALICIA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta