A Xunta di que non pode evitar a erosión e os ríos de cinsa en Ourense porque "se acaban de exinguir" os lumes

Ecoloxistas denuncian a grave erosión que se está provocando no Macizo Central ou na Serra do Xurés coas chuvias destes últimos días.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 23/09/2020 | Actualizada ás 12:32

Comparte esta noticia

A Consellería de Medio Rural di que foi imposible actuar sobre os ríos e zonas queimadas na vaga de incendios de Ourense porque moitos deles "acaban de darse por extinguidos", pero asegura que comezará a planificar as medidas "de inmediato".

A asociación Amigas dás Árbores advirtiu da "grave" situación que rexistran amplas zonas de montaña da provincia de Ourense despois dos incendios forestais, tal e como informou este martes Galicia Confidencial, posto que as choivas provocan erosión do chan e arrastre de cinzas ás canles fluviais. De feito, o Arnoia "é de da cor do chocolate" estes días polas cinsas arrastradas ao río.

Os leitos de ríos erosionados convértense en transportadores de chapapote forestal cando hai choivas logo dun incendio
Os leitos de ríos erosionados convértense en transportadores de chapapote forestal cando hai choivas logo dun incendio | Fonte: remitido

"O máis grave, pola superficie calcinada, polas pendentes, pola inestabilidade do chan e por ser cabeceiras de cursos fluviais son o Macizo Central, o parque natural do Xurés, a parte alta da Mezquita e zonas de Cualedro", explica o portavoz desta asociación, Xosé Santos.

"A Xunta sempre adopta medidas para recuperar o potencial forestal das zonas afectadas polos incendios. Faino de forma sistemática e especialmente tras un episodio como o que acabamos de vivir de maneira particular na provincia de Ourense", inciden a Europa Press fontes consultadas de Medio Rural.  Segundo apuntan, "trátase de facer fronte, o máis axiña posible, ás perdas de chan, aos danos en infraestruturas e á afectación a valores ambientais".

Así, a consellería afirma que afrontará "unha vez máis" a consolidación de chans e recuperación de zonas queimadas seguindo as directrices dos técnicos do Centro de Investigación Forestal de Lourizán. No caso de Ourense, lembra que é necesario "facer primeiro de nada unha avaliación pormenorizada dos danos rexistrados e localizar as zonas máis sensibles".

"Hai que ter en conta que non é preciso actuar absolutamente en todas as áreas afectadas, xa que por circunstancias como o relevo do terreo ou o tipo de vexetación o risco erosivo non é igual en todas elas", apunta Medio Rural. Así as cousas, asegura que "neste momento xa se están estudando e avaliando os danos polos técnicos e comezarase de inmediato cunha adecuada planificación para adoptar as medidas necesarias".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta